El “Centro de Poesía Visual”, es un centro de documentación del experimentalismo poético contemporáneo, ubicado en la localidad de Peñarroya-Pueblonuevo desde octubre de 2005.

Es un Centro de carácter público, que depende de la Concejalía de Cultura del Ayuntamiento de Peñarroya-Pueblonuevo, y que cuenta con la colaboración de la Diputación Provincial de Córdoba. Es centro referente de esta forma de arte contemporáneo y también una propuesta cultural dentro y fuera de España.

Como centro de documentación y estudio dispone de bibliografía especializada y documentos originales, así como una muestra amplia de revistas experimentales y revistas-objeto. Así mismo dispone de una sala de exposiciones con poemas visuales y poemas objetos internacionales. Como lugar de consulta dispone de un amplio archivo de autores y estilos.

Como centro de documentación vivo es productor de diferentes publicaciones que ven la luz diariamente en su “Revista electrónica de Poesía Visual” o trimestralmente con la revista “eiffel Terrible y cuatrimestralmente con la revista ensamblada “Grisú”, entre otras.

viernes, 3 de abril de 2009

PROGRAMACIÓN


POÉTICAS PARA UNHA VIDA

Verbum. Museo das palabras.

VIGO. Abril e Maio de 2009

Coordinación:Asociación cultural Inaudita.org


Cando a poesía e a vida son inseparables até chegar a confundirse xorden propostas estéticas que arrincan

desde o experiencial e que pretenden apoderarse do valor intrínseco da palabra para exercer o seu poder

emancipador.

A oralidade, a visualidade e a acción dotan á linguaxe dunha nova semántica do máxico, na que a liberdade de

expresión circula a través de camiños de sensorialidade.

Non se trata de ilustrar á linguaxe senón de que este recobre a súa forza comunicadora, aínda a risco de

escapar do xa publicado e por publicar, para finalmente quedar no aire, como breves composicións musicais

que se perden.

Poetas que dedican a súa vida á poesía. Poetas que se serven da poesía para loitar pola vida. Poetas de

recoñecida traxectoria e poetas que empezan a desenvolver unha linguaxe propia a través do vivencial. Tal foi

o criterio de selección para un ciclo que pretende non ser primeiro e último nunha cidade inaudita que mira

ao mar con desasosego.

Ao longo dos meses de Abril e Maio, no Museo das Palabras no espectador poderá atopar diversas e diferentes

intervencións que con toda seguridade non lle deixarán indiferente. Para elas non é necesaria a erudición, tan

só respirar e abrir os poros da pel.

Julio Fernández Peláez



4 de ABRIL

20h.

Presentación do ciclo.

20:30h.

ARTE, PAZ, VIDA

Clemente Padín

Proxección documental das performances e accións

deste poeta, artista e activista uruguaio

(1984 – 2003).

Duración aproximada: 1h.


11de ABRIL

20h.

ON THE ROAD

Tiago Gomes e

Tó Trips (Dead Combo).

Performance baseada en textos do poeta Jack Kerouac.

Route 66, América de todos os soños comúns a todas

as estradas do mundo: vías rápidas e secundarias,

deserto, cidades perdidas na noite, canellóns sen saída.

Vídeo-beat de Raquel Castro.

Duración aproximada: 1h



18 de ABRIL

20h.

NOVE

María Lado.

Recital + videopoemas + música. Intervención

baseada nos poemas do seu último libro « nove »: un

poemario sobre o exilio interior e a dor.

Duración aproximada: 45 m.


18 de ABRIL

21h.

SANTIA FISTER

Nela Que e Dr. Pause.

Acción pluripoética. Peza-collage na que conviven

pintura e composicións visuais a tempo real, palabras,

fetos sonoros e presentación escénica de acción: os

ladrillos pesan, a auga molla.

Duración aproximada: 45 m.




25 de ABRIL

Desde las 10h.

SEÑALES DE ADVERTENCIA

Daniel Rojo.

Intervencións na rúa. Centro histórico de Vigo.

Poesía visual.



2 de MAYO

20h.

PERFORMANCE POÉTICA

Fernando Aguiar.

Poemas experimentais e sonoros.

Traxes-soneto e sonetos onde as palabras son

substituídas por accións. Poesía visible, na que as

palabras deveñen en obxectos para ser manipuladas,

disparadas, resgadas, destruídas, deixando ao espido o

seu sentido.

Duración aproximada: 40 m.



9 de MAYO

20h.

TERRITORIOS SONOROS

Bartolomé Ferrando.

7 Pezas breves de poesía sonora. Poesía ligada ao

conceptual. Poesía discursiva. Poesía concreta. Poesía

proceso. Investimentos. Música visual, música

nocturna. Encontro e xustaposición de linguaxes.

Duración aproximada: 35 m.



16 de MAYO

20h.

NORMAS AD HOC

Victor Bonet

“Antes foi terra, logo terreo, mais tarde territorio...”

Poética da imaxe e do corpo. Acción contundente,

eficaz, sen espazos para os artificios e os enganos.

Minuciosa posta en escena e coidado emprego dos

materiais.

Duración aproximada: 40 m.




23 de MAYO

20h.

(((((((FATALISMO CIRCULAR)))))))

Margarida Chambel

e Nuno Oliveira.

Acción inserida entre a arte sonora e a oralidade.

Texto cantado e modificado co corpo. Performance da

repetición baseada na obra poética do existencialista

portugués Raúl Brandão. Interacción co público.

Duración aproximada: 50 m.




30 de MAYO

20h.

RECITAL

Chus Pato.

Obra caracterizada pola radicalizade, a

experimentación demoledora de discursos e lugares

comúns herdados. Escritura desbordante, polifonía de

voces que van desde o propia poeta a unha pléiade de

personaxes imaxinarios.Conciencia de non

neutralidade e non naturalidade da linguaxe.

Duración aproximada: 45 m.

21h.

CLAUSURA